Luciano Otero,cabeza de lista de Alternativa Veciñal por Pazos
As tres organizacións coinciden na necesidade dun cambio político. As conversas continuarán a vindeira semana cando se espera pechar un acordo definitivo que daría a alcaldía ao candidato de Alterantiva, Luciano Otero.
A perda da maioría absoluta do partido popular fai posible que despois de moitos anos en Pazos de Borbén se produza un cambio político. Facer real esta posibilidade pasa por un entendemento entre Alternativa Veciñal, BNG e PSOE. Logo de dúas xuntanzas, as tres organizacións coinciden na necesidade de conformar unha alternativa ao “desgoberno que viña padecendo Pazos de Borbén co Partido Popular” e acadaron un preacordo que lle daría a alcaldía ao candidato de Alternativa Luciano Otero.
As conversas continuarán a vindeira semana para negociar os pormenores e as medidas de goberno a levar adiante. Todas as partes móstranse confiadas en que as negociacións cheguen a bo porto e poder, así, asinar un acordo definitivo.