O xinete participaba nunha ruta cabalar e adentrouse na canle do río nunha zona na que o animal non facía pe. O home desapareceu arrastrado pola corrente. Dende que se deu a voz de alarma, ao redor das 19:00 horas, mobilizáronse efectivos da Garda Civil e Protección Civil de Soutomaior así como Bombeiros de Pontevedra, Ges de Mos, e Policía Nacional. Os axentes estiveron apoiados dende o aire polo helicóptero Pesca 1.
A vítima, de 63 anos de idade, participaba nunha ruta cabalar e caeu ao río na zona de Comboa, en Soutomaior