Foto: ADC Rande
A Asociación Deportiva e Cultural xunto co Concello de Redondela organiza este sábado dous pases guiados ao Centro de Interpretación da Batalla nos que participarán os integrantes da asociación que, ataviados e caracterizados para a ocasión, acompañarán aos visitantes convidándoos a mergullarse na batalla naval que se librou na enseada de San Simón no ano 1702.
Unha cita festiva e histórica recomendada a público familiar que busca dar a coñecer este fito histórico dun xeito ameno e divertido aproveitando as instalacións existentes en Rande así como a preparación que os integrantes da Asociación realizan de cara a festa que conmemora esta batalla e que se celebra en outubro.
Haberá dous pases este sábado 29 ás 16:30 e as 18:00 horas con inscrición de balde no 986 458891 ou no enderezo museomeirande@redondela.gal. Dende a Asociación animan á veciñanza a asistir a esta proposta cultural e histórica.