Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A escritora Isabel Blanco afonda na figura de María Vinyals no Castelo de Soutomaior

maria vinyals

A deputada provincial Sandra Bastos participou na charla impartida pola escritora Isabel Blanco e enmarcada no ciclo “Aquí faltan páxinas” na que se afondou na traxectoria desta aristócrata que naceu e viviu longas temporadas no castelo

A figura da aristócrata María Vinyals, que naceu e viviu longas temporadas no castelo de Soutomaior, foi protagonista este mércores do programa provincial Aquí faltan páxinas, un ciclo de relatos sonoros e conferencias que nace da colaboración da Deputación de Pontevedra con O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias. A deputada provincial Sandra Bastos participou na charla impartida pola escritora Isabel Blanco nos xardíns do castelo.

Vinyals, escritora, articulista, artista, conferenciante e sufraxista, naceu e viviu no castelo de Soutomaior a finais do século XIX. Foi unha das primeiras mulleres en formar parte da Real Academia Galega.Ademais de protagonizar a conferencia nos xardíns do castelo a historia da María Vinyals está tamén xa dispoñible no podcastAquí faltan páxinas (nas principais plataformas de streaming de audio e no sitio web da institución provincial) e a través dun roteiro virtual que inclúe os lugares clavesna biografía da protagonista, centrado no Castelo de Soutomaior, que María Vinyals herdou do seu tío no ano 1908. No pavillón de invitados exterior do castelo, que hoxe é a Pousada, a tamén marquesa de Ayerbe creou xunto ao seu marido, o médico Enrique Lluria, o Sanatorio Lluria, no que a propia Vinyals traballou no 1916 atendendo aos pacientes. Ademais, mentres ela viviu alí, Soutomaior converteuse nun lugar polo que pasaron ministros, embaixadores, aristócratas e artistas como Sorolla e Benlliure, intelectuais como Castelao ou Pardo Bazán, e ata o rei Alfonso XII. A relatora Isabel Blanco baseou o seu faladoiro no seu ensaio María Vinyals. Un talento rebelde (2018).

O proxecto Aquí faltan páxinas inclúe unha antoloxía de 12 podcasts, un por mes, para pór en valor os logros de 12 grandes mulleres relacionadas coa provincia: María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará