O concello vén de dar a coñecer a programación do Festival que se desenvolverá o 4 de agosto e que inclúe un total de sete actuacións dende as 19:30 horas ata a madrugada. Pallasos, malabaristas, espectáculos de circo e maxia así como a música da banda “La penúltima Sabinera” conforman o programa desta edición con actuacións en rúas e prazas da vila.
As actividades do venres día 4 arrancarán ás 19:30 horas cos pasarrúas de “Os Chocolitos”, un espectáculo familiar interpretado por dous personaxes con traxes articulados que partirá dende a praza de Ribadavia. Media hora despois na praza do Concello terá lugar o espectáculo de todo un clásico da animación infantil, Peter Punk que nesta ocasión escenario con Brais das Hortas.
Xa as 20:30 chegará Jano Sen Medidas, proposta de clown na praza de Ponteareas na que se mestura a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o desenfreado inxenio coa participación do público.
“Somos circo” dea compañía Desastronautas desenvolverase na Alameda de Castelao ás 21:15 horas e xa ás dez da noite está prevista unha nova proposta circense con “Volando…vengo” da compañía Kanbahiota onde se dan cita os malabares, a danza, o circo e a maxia.
O prato forte da xornada chegará xa ás 23:15 cun concerto na praza da torre a cargo de La Pen-ultima Sabinera “actualmente o máis grande tributo a Joaquín Sabina”. Cun directo coidado e emotivo conseguirá facer as delicias do seguidor do cantautor xienense.