Chapela celebra esta fin de semana diferentes actividades enmarcada na programación das festas do Carme que organiza o Círculo Cultural e Social da parroquia. A procesión por mar volve ser a cita principal o domingo pola tarde dende o Peirao. Participarán un catamarán con capacidade para 150 persoas así como numerosos barcos que se unen a un percorrido pola ría que inclúa actos homenaxe aos falecidos no mar.
Unhas festas que rexurdiron logo da pandemia e que confían en congregar a numerosos veciños e visitantes tanto nos actos relixiosos, principalmente na procesión por mar así como no resto da programación que se desenvolverá dende o venres e ata o luns. Así nolo explicaba o presidente do Círculo, Emilio Sánchez Santorio
Ademais dos actos relixiosos, que inclúen as procesións terrestres que se celebran o domingo ás 12:00 horas e o luns ás 11:30, o programa inclúe as tradicionais verbenas nocturnas que o venres contará co Trío Tic Tac e o grupo Los Coleguistas, o sábado estará amenizada polo Grupo Master e a Orquestra Platinum e o domingo contará cos ritmos de América S.L.
Unhas festas nas que agradecen especialmente a colaboración dos socios do círculo, dos comerciantes da parroquia e, en xeral, dos veciños que permite sacar esta celebración adiante
Festas do mexillón
E cando aínda non arrancaron estas festas do Carme teñen tamén en marcha a organización dunha cita gastronómica que terá lugar a mediados de mes, a festa do mexillón os días 12 e 13 de agosto e que terá lugar no paseo marítimo de Chapela.