Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Activada a pre-alerta por risco de inundación no último tramo do Vergudo

borrasca

A dirección xeral de Emerxencias activou a pre-alerta por risco de crecida no río Oitaven e, en consecuencia, no último tramo do Verdugo ao seren afluentes. Dende protección civil de Soutomaior piden extremar as precaucións por posibles inundacións  evitando achegarse ao leito do río e instan aos propietarios de vivendas ou fincas a resgardar animas que poidan perigar pola súa proximidade ao río.

Explican que debido as elevadísimas precipitacións rexistradas nas ultimas xornadas o nivel do río Oitaven comeza a estar perto dos límites, ademáis que a presa de Eiras precisa facer desembalse de auga o estar próxima ao límite máximo da sua capacidade.

O río Oitaven conta con diferentes sondas o longo do seu percorrido polo concello de Soutomaior, no caso de que se producise un desbordamento as sondas emitirán o aviso para que Protección Civil actúe con antelación e se tomen as medidas de prevención e seguridade que sexan precisas.

En todo caso, dende protección civil de Soutomaior lembran a importante de seguir unha serie de recomendacións como evitar a permanencia e o paso nas proximidades do leito do río, evitar as actividades de calquera  tipo nas súas proximidades e non estacionar vehículos en zonas próximas os ríos, malia que parezan seguras.

Tamén lembran que as vivendas ou fincas que se atopen perto das proximidades do río, deben retirar todos aqueles obxectos que poidan verse afectados no caso de rexistrarse unha suba repentina e resgardar aqueles animais que tamén poidan perigar.

Insisten na necesidade de prestar especial atención ao último tramo do río Verdugo nas horas da pleamar e, ante calquera incidencia ponerse en contacto co 112 ou no teléfono 626924104

Protección Civil de Soutomaior fará un seguimento constante dos ríos e zonas sensibles mentres dure a pre-alerta en coordinación coa dirección xeral de Emerxencias e os técnicos da presa de Eiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará