Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en Redondela sobre os servizos de atención aos maiores e os dependentes

modepen

A Asociación Modepen organiza unha conferencia na Casa da Cultura de Redondela para falar dos servizos de atención ás persoas maiores en Galicia, dende as residencias pasando pola Atención de Servizo no Fogar (SAF). A persoa encargada da charla é o epidemiólogo, especialista en medicina preventiva e saúde, ex xefe do Servizo de medicina preventiva do Complexo hospitalario de Pontevedra, Francisco Vizoso. Modera a charla a Concelleira Pilar Martínez. Terá lugar hoxe venres ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

Na conferencia falarase das deficiencias que presentan os servizos de atención tanto aos dependentes como as persoas maiores, sobre todo nas residencias. Un servizo que entende deben estar máis controlado para evitar que se dean situacións de desamparo como se puxo de manifesto principalmente durante a pandemia, pero que xa se viñan producindo con anterioridade. Defenden ademais que haxa un servizo de “atención e xestión pública” para atender ás necesidades dos

Gonzalo Balo, presidente Modepen Galicia

O obxectivo da charla e informar á cidadanía da situación actual nestes servizos “dos que imos precisar no futuro” polo que está orientada a toda a poboación “tanto os que son usuarios destes coidados na actualidade como dos que poden precisar deles no futuro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará