Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cheiro a castaña asada espállase polas parroquias

magosto

Nesta fin de semana son numerosos os magostos que se van celebrar no concello con citas o sábado en Ventosela (17:00 horas), Vilar e Cedeira (19:00 horas) e Quintela (20:00 horas).
No caso de Ventosela a cita será ás 17:00 hroas do sábado no Centro Cultural A Miñoteira dentro da programación de San Martiño. Unhas festas patronais que arrancarán en horario de mañá cos actos relixiosos e que contará con proceción e un pequeno concerto a cargo da banda de música municipio de Redondela. Pola noite haberá verbena amenizada pos grupo Trío 3.com e a disco móbil Chasis.
Con todo, a xornada de convivencia veciñal vivirase durante a tarde con música e baile a partir das 17:00 horas coa actuación dos grupos de baile moderno “Falcatruada” de Vilar, os grupos de baile galego e de gaitas “Airiños de San Simón” e o repertorio de clásicos do rock en galego a cargo do grupo local Refugallo Rock.
Tamén Vilar celebra o San Martiño con actividades que arrancarán ás 12:00 horas cos actos relixiosos e a actuación do grupo de gaitas O Carbalodas cen pólas. Pola tarde arrancará o magosto ás sete on animación musical a cargo das pandereteiras Follas Verdes de Vilar e o grupo Aluarado, tamén da parroquia. A verbena estará amenizad polo grupo Ritmo, o grupo América de Vigo e o Dj Anhell.
Ás 19.00 horas arrancará o magosto en Cedeira e as 20.00 en Quintela. A parroquia de Vilar de Infesta celebra tamén a festa de San Martiño cun magosto e unha verbena nocturna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará