Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prestige, un desastre medioambiental presente en Redondela dúas décadas despois

prestige

Colectivos sociais e medioambientais lembran nestes días o que supuxo o Prestige e alertan de que un desastre semellante podería volver pasar. Co obxecto de non esquecer o colectivo Artelixo e Ecoloxistas en Acción presentan estes días unha exposición itinerante que se  completará o xoves 16 co proxección e charla posterior do  documental Alegría! que se poderá ver na Oficina de Turismo ás 19:00 horas.

O 13 de novembro de 2002, hai xa 21 anos, produciuse o maior desastre ecolóxico da historia de Galicia. O petroleiro monocasco Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba a 28 millas (52 km) do cabo Fisterra. As autoridades españolas comezaron un rocambolesco periplo remolcando o barco ata que se partiu en dous o día 19 de novembro.

Como consecuencia, chegaron ás nosas costas varias decenas de miles de toneladas de fuel oil (chapapote), que logo se estenderon por toda a costa cantábrica e o sul de Francia, producindo unha das maiores mareas negras da historia.

Centos de mariñeiros, tamén de Redondela, lanzáronse a defender as rías, pescando coas súas redes e as súas propias mans o chapapote. A sociedade civil autoorganizada, as confrarías de pescadores, as mariscadoras, as asociacións, foron as que deron resposta á catástrofe ante a incomparecencia das autoridades.

Cristobal Lçopez, Ecoloxistas en acción

Para lembrar todos estes feitos chega a Redondela esta exposición integrada por paneis informativos, nos que se sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra que ante a inacción do goberno foi a marea branca de solidariedade a que se enfrontou ao “chapapote”. Resalta tamén que, dúas décadas despois, non estamos exentos dun novo desastre ecolóxico debido á nosa gran dependencia do petróleo así como a outro buques que transportan mercadorías perigosas e que seguen navegando ao carón da costa.

Deste e doutros temas tamén se fala no documental Alegría! Que se poderá ver este xoves ás 19:00 horas na Oficina de Turismo.

Ecoloxistas en Acción e o colectivo Artelixo coa organizacións destas actividades quere que non caia no esquecemento todo o sucedido no maior desastre ambiental que ennegreceu a costa galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará