Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP esixe depurar responsabilidades tras detectar “documentación falsificada” na petición dunha subvención

pp

“Falsificouse a firma dun arquitecto nun proxecto de mellora do mercado de Abastos alo menos en dúas ocasións” así o afirma o voceiro do PP, Javier Bas quen apunta á alcaldesa Digna Rivas como responsable destas irregularidades detectadas nunha petición de subvención presentada ao Ministerio de Industria para acceder a unha axuda de 1,5 millóns de euros que finamente foi denegada. A edil Ana Alonso asegura que se trata dun “delito de falsidade documental” e esixe depurar responsabilidades.

A alcaldesa “firmou e enviou documentación falsificada para unha subvención para a reforma do mercado de Abastos e ocultou esta gravísima irregularidade ata que o Partido Popular o denunciou” asegura o voceiro do PP, Javier Bas quen adianta que están a espera de que se resolva a investigación en marcha para “decidir que pasos imos dar a continuación”.

En todo caso, adianta que “chegarán ata o final” para coñecer quen está detrás das irregularidades detectadas. 

Javier Bas, PP

Irregularidades que poderían incorrer nun “delito de falsidade documental” xa que o goberno local na vez de redactar un proxecto novo para solicitar dita axuda “optou por presentar un proxecto do ano 2021 e falsificar a sinatura do arquitecto saltándose algo tan sinxelo como falar con arquitecto e solicitarlle que asinara a documentación”.

Engaden que esta irregularidade “non é obra nin dun técnico nin de ningún funcionario” e apuntan directamente aos cargos políticos “que deciden concorrer a esta convocatoria de subvención a última hora e, posiblemente polas présas, na vez de realizar o procedemento correctamente deciden recuperar a documentación de hai dous anos cun copia e pega da sinatura do arquitecto”.

Ana Alonso, PP

Por este motivo, esixen a depuración de responsabilidades “ao máximo nivel” xa que foi a rexedora quen certificou os proxectos presentados mentres que o arquitecto que presuntamente tería asinado esa documentación xa deixou claro nun escrito enviado ao concello que “non tiña ningunha relación contractual nin documental con esa solicitude”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará