O obxectivo desta recollida que se vai desenvolver os dáis 24 e 25 de novembro é recoller 350.000 kilos de alimentos non perecedoiros que servirán para atender as necesidades dunhas 20.000 persoas en toda a provincia. A iniciativa estará presente en catro supermercados de Redondela e dende o Banco de Alimentos fan un chamamento á veciñanza a que cubran as últimas prazas como voluntarios para pode desenvovler esta Gran Recollida.
As persoas que queiran colaborar a pe de supermercado só precisan dispoñer de catro horas libres e darse de alta en www.bancoalimentosvigo.org.
Unha recollida que conta unha vez máis cun padriño de excepción, o capitán do Celta Iago Aspas. O futbolista recibiu o peto de voluntario que o acredita como novo embaixadro e o fixo ademais, en nome do seu equipo, entidade que segue celebando o seu centenario ao longo de todo este ano.
Aspas asegurou que para el “é un orgullo poñer o seu gran de area nun momento difícil para moita xente” e colaborar nesta campa de recollida que se desenvolverá en preto de 125 establecementos comerciais de toda a provincia e na que está previsto que participen 1800 voluntarios. No caso de Redondela precísanse un total de cen persoas “unha marea azul que, cos seus petos identificativos, facilitarán as doazón físicas e informarán aos clientes das achegas económicas que se poden facer en caixa”. Unhas persoas voluntarias imprescindibles que só precisan de contar con catro horas libres para poderen participar da iniciativa
Galletas, leite, cacao, pasta, arroz… alimentos non perecedoiros que servirá para cubrir as necesidades máis básicas na alimentación das familias beneficiarias pero tamén conservas de carne, peixe ou botos de legumes xa cociñadas “hai que pensar que moita xente tamén sofre a pobreza enerxética e non poden dispoñer dunha cociña na que preparar eses alimentos”.