Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Eu quero local” unha campaña para promover o consumo no comercio e na hostalaría de Soutomaior

arcade

“Eu quero local” é unha campaña posta en marcha dende o Concello de Soutomaior que nace coa intención de dar visibilidade e de poñer en valor a promoción económica do municipio. Unha iniciativa que aposta polo comercio e hostalería de proximidade e de confianza. Os comerciantes que queiran anotarse nesta campaña deben contactar co concello 986 70 51 06 ou no correo electrónico comercio@soutomaior.gal. O prazo límite de solicitude é o luns 20 de novembro.

A campaña divídese en tres accións a levar a cabo co comercio e hostalería do concello. A primeria é a que lle da título, “eu quero local”, e consiste en poñer a disposición dos comercios e hostalería un equipo de persoas que elaborarán spots publicitarios de duración moi curta, de cada establecemento que queira participar. O seu impacto non vai a ser soamente local, pois unha vez editados daráselles visibilidade en redes sociais, medios locais, Web…Así mesmo cada negocio recibirá a adhesivo coa marca para incorporalo á rede local de comercio e hostalería.

Xa pensando nas datas de Nadal tamén se propón “adobiar o local” que busca dar unidade e reforzar a rede local mediante o adorno exterior de comercios e locais que se sumará ás luces. As florerías do concello serán as encargadas da súa elaboración e colocación na entrada de cada establecemento. Os motivos serán festivos e tradicionais.

Finalmente a proposta inclúe a iniciativa “O Nadal no peto” que inclúe un sorteo de vales de compra por valor de cen euros entre as persoas que realicen compras por valor mínimo de 20 euros (desde o 4 de decembro de 2023 ata o 6 de xaneiro de 2024, ambos incluídos).

Os comerciantes poden elixir participar nas 3 accións ou soamente nalgunha delas, para anotarse nesta campaña deben contactar co concello 986 70 51 06 ou no correo electrónico comercio@soutomaior.gal. O prazo límite de solicitude é ata o luns 20 de novembro deste 2023.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará