Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas denuncia a Javier Bas por calumnias tras acusala o líder do PP de falsificar unha firma nun documento

digna poli

Digna Rivas xunto ao seu equipo ás portas da Policía Nacional

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas acudía na mañá de hoxe as dependencias da Policía Nacional para presentar unha denuncia contra o voceiro do PP, Javier Bas quen na xornada de onte a acusara de “falsidade documental” tras presentar o Concello unha solicitude ao Ministerio de Industria con “graves irregularidades”. Rivas adianta que os resultados preliminares da investigación interna que busca esclarecer estes feitos – investigación da que non quixo aclarar máis datos- “a exculpan de modo absoluto de calquera responsabilidade”.

“As conclusións preliminares sobre este expediente exclúenme totalmente de calquera responsabilidade nesa presunta falsificación” así o afirmou ás portas da Comisaría Nacional a alcaldesa de Redondela nada máis presentar a denunciar contra Javier Bas. “As afirmacións feitas polo voceiro do PP son moi graves xa que me acusan dun delito de falsificación que non vou consentir polo que presento esta denuncia por un delito de calumnias contra a miña persoa”.

Unha denuncia que chega logo de que o exalcalde, Javier Bas e a edil, Ana Alonso afirmaran onte que a alcaldesa “firmara e enviara documentación falsificada” para concorrer a unha subvención ao Ministerio de industria para solicitar unha subvención de 1,5 millóns de euros.

Digna Rivas, alcadesa de Redondela

Unha acusación que a alcaldesa cualifica de “moi grave” e que entende “non pode quedar sen unha resposta contundente por parte da miña persoa polo que decido acudir aos xulgados”. Para Rivas o PP traspasou con estas acusacións “unha liña vermella que non vou permitir” e confía en que con esta denuncia “se abra un proceso xudicial que porá a cada quen no seu lugar”.

Entende ademais que detrás destas maniobras do PP está “a súa incapacidade por asumir os resultados electorais que permitiron a formación dun goberno progresista”.

Insiste Rivas en que detrás das irregularidades detectadas “non estaría ningún membro do goberno actual nin tampouco ningún funcionario do concello de Redondela” pero eludiu apuntar cara ninguén argumentando que “a auditoría interna continúa aberta para coñecer que sucedeu” e que será nos vindeiros días ou semanas cando, unha vez estea pechada a investigación, “cando se depurarán as responsabilidades que haxa que depurar”.

A investigacion interna busca averiguar quen foi, como foi e que sucedeu
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará