Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela volve adestrar na pista do Campito

campito chapela

O concello investiu 287.000 euros nas obras de remodelación deste espazo deportivo. A área destinada á intervención conta cunha superficie aproximada de 1.150 m² e comprende a zona deportiva situada ao norte da Alameda de Rosalía de Castro. A zona mellorou coa creación dun acceso mediante unha escaleira con bancada desde o lugar máis próximo á Alameda. Ao norte incluíuse unha rampla con obxecto de mellorar a accesibilidade a este espazo.

Esta zona deportiva situada no centro da parroquia presenta un novo aspecto grazas a unhas obras de mellora que supuxeron un investimento de máis de 287.000 euros. O Club Campito, que naceu precisamente nesas instalación, realizaron xa esta fin de semanas os seus adestramentos na nova pista.

Na zona destinada a pistas deportivas renováronse tamén os valados e incluiuse unha nova iluminación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará