Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla informativa sobre voluntariado de Cruz Vermella

cruz-vermella-pyps2rxj0dk6qjnilugvn5wvhavqk71v3gs2nzseq0

Con motivo do 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado, Cruz Vermella lanza unha campaña que busca abordar a contradición entre a hiperconexión dixital e o illamento das zonas rurais a través da acción voluntaria

Baixo a premisa de que ‘non hai nada tan social como compartir tempo’, dende a organización convidan á participación activa da mocidade. Así mesmo, búscan desafiar o estigma de que os e as mozas non están presentes nas zonas rurais, e revitalizar a acción voluntaria nos lugares nos que teñen as súas raíces.

Na provincia de Pontevedra, Cruz Vermella conta con máis de 2.658 voluntarios e voluntarias activos que achegan o seu tempo e coñecementos en axudar a outras persoas sen esperar nada a cambio e que investiron máis de 32.100 horas en accións voluntarias. Só na Delegación local de Redondela hai nestes momentos 33 persoas voluntarias en activo, que desenvolveron máis de 1500 horas de acción voluntaria para atender ás persoas máis vulnerables. Tal dedicación permite a realización dunha serie de actividades e servizos que non serían viables sen a súa achega.

Cruz Vermella Redondela organiza unha mesa informativa sobre voluntariado nos arredores do edificio Multiusos A Xunqueira de Redondela e unha charla informativa sobre voluntariado coas persoas participantes nos talleres. Estas dúas acción plantexadas para o 5 de demebro, como forma de conmemorar o día.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará