A Asociación de veciños de Chapela organiza o sábado día 16 unha xornada de convivencia, deporte e cultura que servirá para reivindicar o Camiño de Costa que atravesa a parroquia. Esta terceira andaina levará aos participantes a percorrer a distancia que separa Baiona da praia de Samil en Vigo. A inscrición debe facerse no teléfono 649376094 e ten un prezo de 22 euros os socios e 24 euros os que non o sexan. Inclúe o traslado en autobús, guía e seguro.
As persoas que desexen participar sairán ás 9:00 horas en autobús dende o Pavillón de Deportes de Chapela para ir ata Baiona, lugar dende onde partirá este percorrido a pé. Os participantes terán por diante 19,5 quilómetros ata chegar a Vigo.
Unha andaina que arranca no casco antigo de Baiona en dirección a Ramallosa. Alí os participantes xa atoparán o tramo do camiño polo litoral, camiñando pola beira sur da Ría de Vigo e avanzando polos seus areais: Praia América, Panxón, Patos, Canido, O Vao e así ata chegar ao remate na praia de Samil.