Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Redondela en repulsa polo crime machista de Oroso

concentración

A concentración institucional que tiña lugar ao mediodía de hoxe ás portas do Concello rematou cun minuto de silencio. O acto convocouse para condenar un novo asasinato machista, neste caso o acontecido o pasado venres na localidade coruñesa de Oroso, onde Encarnación Regueiro Rodríguez, muller de 80 anos foi asasinada polo seu home, Manuel Barbeita de 88 anos. A alcaldesa Digna Rivas fixo un chamamento a “acabar co terrorismo machista”.

A alcaldesa sinalou que a violencia machista “ten nome e apelidos” lembrando que o asasinato de Encarnación Regueiro Rodríguez é o feminicidio número 54 en España no que vai de ano segundo os datos oficiais.

No caso de Galicia neste 2023 son tres as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. A estes casos súmase o da muller cuxo cadáver foi atopado no Porriño con signos de violencia e que, á espera de que se confirme, podería tratarse tamén de violencia machista.

A rexedora redondelá insistiu en que é “unha tarefa de todos e todas acabar co terrorismo machista. Unha tarefa das administracións e de toda a sociedade, e que é unha obriga implicarnos todos e todas contra a violencia machista”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará