O BNG de Pazos de Borbén convoca unha manifestación esta tarde ás 18:30 horas para esixir a mellora do servizo e a dotación de máis medios. Concretamente reclaman a incorporación dun segundo médico de familia ao centro de atención primaria da localidade.
A manifestación será na tarde de hoxe 5 de decembro e partirá dende a biblioteca municipal, no antigo concello vello ás 18:30h da tarde ata a porta do centro de saúde, para denunciar o abandono da atención primaria no rural e a falta de servizos, esixindo a mellora do servizo e un segundo médico de familia para o centro de saúde de Pazos de Borbén.
Unha protesta que chega logo de que xa o pasado 17 de novembro as veciñas e veciños da localidade se concentraran diante do centro de saúde para denunciar a falta da única médica, problemática que se repetiu nas últimas semanas quedando o servizo desatendido sen a única médica facultativa do centro.
Naquela ocasión foran ao redor dun cento de veciños os que se sumaron a protesta denunciando que cada día quedaban unhas 50 consultas sen atender situación que empeorara a raíz dunha baixa da titular o que obrigaba ao usuarios deste centro a se desprazar a Redondela ou Ponteareas.