Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un maior control permite reducir á metade os gastos en combustible no parque móbil de Soutomaior

2021120210164999497 (2)

A única medida do actual goberno local foi establecer a obrigatoriedade de indicar a quilometraxe dos vehículos municipais na factura de cada repostaxe. Unha medida que supuxo aforrar en catro meses case cinco mil euros en comparación co mesmo período do ano 2022. Poñen como exemplo emblemático o de Protección Civil: pasou de 1.600 euros en combustible a tan só 430 no mesmo período.

O goberno local explica que entre xullo e outubro de 2023, último mes do que hai datos, os vehículos que forman parte da frota municipal gastaron en combustible 4.986 euros, cando no mesmo periodo do ano anterior o gasto polo mesmo concepto ascendeu a 9.902 euros. Isto supuxo un 50% menos de gasto para as arcas municipais.

O concelleiro de Facenda, Diego Moreira, explicou que a única medida adoptada por parte do goberno de Soutomaior en canto ao seu parque móbil municipal foi establecer a obrigatoriedade de que se indique a quilometraxe dos vehículos municipais na factura de cada repostaxe.“Con esta simple medida, o gasto en combustible reduciuse á metade”.

Moreira puxo de exemplo da redución do gasto en combustible o caso de Protección Civil. “Entre xullo e outubro deste ano gastáronse 430 euros en combustible neste servizo, cando nos mesmo período de 2022 a factura foi superior aos 1.600 euros. Isto supón un gasto catro veces maior que en 2023, a pesar de que o agrupación funcionou con total normalidade neses meses, de igual maneira e coas mesmas competencias”.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “aforrar case 5.000 euros en só 4 meses demostra que o modelo de xestión do noso goberno é eficiente e rigoroso. Traballando con transparencia e seriedade conseguimos que os fondos das arcas municipais sexan empregados de maneira responsable e solvente e beneficien a todos os veciños e veciñas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará