Apoiados por unha afección vermella que non parou de animar, sumaron tres puntos moi importantes que os achegan a zona nobre. Gracias ao resultado de 6 fronte a 4, sitúanse agora na sexta posición con 19 puntos e empatados co Coruña F.S.
O cadro de persoal do primeiro equipo quixo adicar o triunfo a Mariete, un dos xogadores do equipo vermello que está recuperándose dunha operación de rotura de ligamento. Fixérolle saber todo o seu apoio para que “volva canto antes ao campo” con cada un dos goles, facendo máis emocionante aínda o partido. Os goleadores do Pazos foron Costas, Joni , Martín e Luis que chegou a marcar dous e entre todos fixeron sufrir aos de Matilla.
O seguinte partido celébrase hoxe, víspera da ponte da Constitucion, onde ás 20:30 horas visitarán o Paco Chao para enfrentarse ao F.S. Carballiño .
Preferente
O Campito Chapela recibiu na casa ao Escola Futsal Morrazo cun resultado 3-6 a favor dos Morracenses. Este resultado fai que baixen un escalafón na clasificacion e os sitúa agora de penúltimos. Na seguinte xornada enfrontaranse ao F.S. As Neves.
Pola súa banda O Redondela FS recibiu ao Cesures F.S cunha gran vitoria de 6 fronte a 3 que os sitúa nunha cómoda oitava posición con 18 puntos. O seguinte partido será contra o Pontevedra F.S. “b”.