Jotta Pequeno é un artista redondelán de 20 anos que leva desde moi pequeno facendo rap. Comezou gravando cun teléfono cos amigos nas rúas do municipio e co tempo foi evolucionando o seu estilo e letras cara un contido máis profesional e diversificando as bases cara outros xéneros como o trap ou o drill. As súas letras destacan por ser crúas e reais, as describe como “saídas desde dentro”.
Este 2024 promete estrear música nova, pero mentres podemos escoitar temas como “No Saben”, unha canción coa que recoñece identificarse de forma moi íntima, ou “JOYAS” ft. Andres GS. Esta última é unha colaboración con outra das promesas do rap galego e todos estes temas poden escoitarse en plataformas como Spotify ou Youtube, onde acumula decenas de miles de visitas.
O seu traballo está apoiado por artistas de renome na música urbana como DENOM co que puido subirse ao escenario na discoteca Queen, un momento do que se sinte orgulloso. Ademais de todo isto, os videoclips destacan tamén na súa evolución e están producidos de forma colaborativa. Un bo exemplo o atopamos na canción “HAZMELO” na que o audiovisual tamén ten nome redondelán gracias ao traballo de IzanMG e no que se poden ver localizacións da vila.
O seu nome comeza a soar con forza na escena musical de Galicia e pode considerarse unha promesa do rap galego.