Rematada a primeira volta da tempada 2023/2024, os equipos sénior da SAR descansan este Nadal cuns resultados que garanten a estabilidade de cara a segunda metade. Retoman a competición a partir o 13 de xaneiro con dous partidos fora da casa.
O equipo de Primeira Autonómica atópase de segundo na clasificatoria con moitas posibilidades de volver a ascender. Segundo o adestrador, Manuel Fernández, o obxectivo é “chegar á fase de ascenso de forma directa” e cambiar a dinámica do ano pasado na que non tiveron posibilidades e supuxo o descenso.
Á volta xogarán contra o Grove equipa coa que se atopan empatados a 17 puntos na clasificación xeral. A vitoria suporía asegurar o segundo posto, sen embargo aínda quedan 11 xornadas máis e no caso de perder hai tempo de darlle a volta a situación.
Pola súa banda o equipo de División de honra prata feminina atópase de noveno na clasificación aloxándose dos postos de descenso. Segundo a súa adestradora, Verónica Posada, o obxectivo despois do nadal é entrar nos primeiros postos e seguir traballando para manterse na categoría.
As xogadoras sénior da SAR aínda teñen un partido pendente antes de que comecen oficialmente as festas. O domingo 23 enfróntase ao Carballal, un partido que xogan fora da casa e que consideran “complicado”. A técnica apunta que “esta vitoria suporía un bo regalo de reis” para subir os ánimos ao equipo. CORTE
Tanto a equipa de Primeira Autonómica como a de Division Honra Prata feminina están nun momento con moitas posibilidades abertas no que non poden relaxarse, sexa para conseguir o ascenso ou para manterse na categoría. Ambos adestradores están de acordo coa necesidade de loitar sen importar a posición na que se atopen.
A segunda volta comeza o 13 de xaneiro cunha xornada que enfrontará á SAR Rodavigo contra Inesal Solar Asmubal Meaño, novenos da categoría. Un día despois é a quenda do equipo masculino, SAR Plastic Omnium, contra o Valinox Novás B que atópanse de sétimos. Xa na seguinte data, 21 de xaneiro, enfrontaranse ao Grove para afianzar o segundo posto na clasificación.