Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas anuncia a aprobación inicial do PXOM para o primeiro trimestre do 2024

redondela

Redondela ten previsto levar a pleno no primeiro trimestre do ano o Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa aprobación inicial. Así o anunciou a alcaldesa quen adianta que se habilitará na web do concello un visor que permitirá á veciñanza buscar información do plan urbanístico “dun xeito máis accesible e claro” e que se realizarán xuntanzas nas parroquias “informando a asociacións e veciñanza para que poidan presentar as alegacións que estimen oportunas dentro do prazo”.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal podería ser unha realidade logo de máis de 30 anos de espera. Así o adiantou a alcaldesa Digna Rivas quen asegura que “tras recibir os informes sectoriais e axustado o documento do PXOM polo equipo redactor acaba de presentarse o documento no Concello para a aprobación inicial”. Así, será levado a pleno unha vez revisado e analizado o documento por parte dos servizos técnicos e xurídicos do Concello quen emitirán os informes correspondente.
Insiste Rivas en que se trata dunha decisión “responsable, baseada no traballo realizado polo equipo técnico redactor do Plan durante meses e necesaria pola situación na que se atopa a normativa urbanística do noso municipio, cunhas normas subsidiarias aprobadas en 1987 e totalmente desfasadas”.
Neste sentido lembra que durante o ano 2021 realizáronse máis dunha quincena de reunións técnicas e políticas, nas que participaron os técnicos redactores do documento, técnicos e persoal de urbanismo, así como todos os grupos políticos membros da corporación e adianta que unha vez aprobado inicialmente “como complemento para facilitar a visualización do Plan Xeral de Ordenación Municipal haberá unha ferramenta dispoñible ao público na páxina web do Concello que permitirá á veciñanza buscar información do plan urbanístico dun xeito máis accesible e claro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará