Defensa persoal, percuterapia, origami, xogos de mesa e actividades sorpresa son algunhas das propostas que nos deixa o espazo “Redondela Xove” que está a funcionar no Multiúsos da Xunqueira durante as tardes de Nadal.
Mozos e mozas contarán con diversas actividades para estas vacacións escolares, con obradoiros que arrancaron este martes e se prolongarán ata o 4 de xaneiro en horario de tarde, dende as 18:00 horas ata as nove da noite. Estas actividades realízanse no local habilitado no Multiúsos da Xunqueira, o Espazo “Redondela Xove” que busca converterse nun lugar de encontro e de lecer para os máis novos, con actividades que lles resulten atractivas e poidan reunirse para gozar dun ocio saudable.
Na xornada de hoxe as actividades previstas inclúen obradoiros de defensa persoal, percuterapia e origami. Mañá haberá tamén xadrez mentres que na tarde do venres está prevista unha actividade sorpresa.
O día 2 de xaneiro os asistentes poderán gozar de clases de baile, origami e aprenderán tamén primeiros auxilios. O mércores 3 organizarse unha xincana manga con karaoke, concurso cosplay, xogos en liña e xogos manga, mentres que o xoves 4 celebrarase unha festa fin de Nadal.