Foto vía Europa Press
O Celta de Vigo clasifícase para os oitavos de final da Copa do Rei tras xogar un bo partido en Urritxe ante o Amorebieta. O redondelán Miguel Rodríguez marcou o gol inicial no minuto 6. O canteirán, sen apenas minutos en liga, aproveitou a oportunidade como titular do primeiro equipo marcando un gol e dúas asistencias. Este é o segundo gol que anota en Primeira División tras o que marcou ante ao Sevilla o curso pasado.
O partido estivo marcado polo mal tempo e o mal estado do campo embarrado. Acabou cun resultado de 2 fronte a 4 en favor dos de Vigo que remontaron na segunda parte con 2 goles de Anastasios Douvikas e un de Jailson Marques. Esta xornada supón unha remontada para o conxunto de Benítez.