Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia de Cesantes acolle unha xornada de limpeza coordinada por Ecoloxistas en acción

limpeza

A chegada de pellets a diferentes puntos do litoral galego promoveu que moitas persoas se achegaran ás praias a retirar este material contaminante. Con todo, máis aló destes granulados a presenza de plásticos é constante (tanto micro como macro plásticos) polo que se anima á cidadanía a achegarse a esta actividade –mércores 31 de 16:00 a 18:00 horas- que servirá para coñecer como actuar na limpeza dos areais sen causar ningún dano no ecosistema.
“A cantidade de plástico que se atopa nas praia é enorme: cachos de cabos, redes, botellas e moitos outros que xa non se recoñece que son porque se atopan moi detiorados” explica Ana Freiria, coordinadora e formadoras das brigadas de limpeza de Ecoloxistas en Acción.

Ana Freiría, Ecoloxistas en acción

Retirar ese material contaminante é moi importante pero sempre coidando o medio “polo que é moi importante contar cunha formación previa”. Neste sentido apunta a que nesta actividade de mañá farase fincapé na necesidade de separar tres cousas: os pellets que son un residuo industrial iría por un lado, o resto dos plásticos e lixo por outro lado, e tentar non levar a materia orgánica como algas, paos ou mesmo areas para nos afectar ao ecosistema.

As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 685023275 ou achegarse directamente este mércores á praia de Cesantes no lugar do Papaventos ás catro da tarde.
Crise dos pellets
As cantidades detectadas nas Rías Baixas deste granulados foron menores que noutros puntos do territorio, pero non se descarta que poida haber nova chegada de residuos “atendendo a que se descoñece a cantidade de sacos de pellets que caeron no mar”. Denuncian que o fluxo de información “non está a chegar dende as autoridades, malia que existen centros de información que se dedican exclusivamente ao seguimento de vertidos”, polo que non se pode saber que vai pasar de cara ao futuro e “hai que seguir vixiando”.

Apunta Freiría que isto é tan só “a punta do iceberg” porque é demasiado habitual que caian contedores ao mar dende os buques. Estímase de feito que hai uns 10.000 contedores á deriva en todo o mundo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará