Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra tres días de festa polo San Brais

festa san blas

O mes de febreiro arranca con celebracións en Redondela. Concretamente no Viso xa está todo preparado para a celebración do San Blas, unha festa invernal que ten moito arraigo nesta parroquia e que inclúe actos relixiosos, verbenas e gastronomía.
As celebración terán lugar baixo unha gran carpa para evitar as inclemencias do tempo e arrancan o venres coa festa da xuventude en horario nocturno que contará coas actuacións dos DJs Anhell e Eddie Otero.
O sábado os actos relixiosos comezarán ás dez da mañá e celebrarase a tradicional saída do carro da burra que percorrerá a parroquia repartindo rosquillas, viño e pan de millo acompañada pola charanga Mil9. As 12:30 terá lugar a misa e a posterior procesión e pola noite subiranse ao escenario as orquestras Capitol e Saúdade. E xa o domingo a xornada festiva arrancará cos pasarrúas a cargo da charanga Sacacorchos e os actos relixiosos a partir das 12:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará