Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR non vence pero emociona

sar

Nenos e nenas tamén foron protagonistas da tarde de balonmán na Bomboneira

Tarde de infarto a vivida polos seareiros da SAR o pasado sábado na Bomboneira. Dúas citas máis que destacadas nas que nin o equipo feminino da División de Honra prata nin o masculino de Primeira Nacional foron quen de vencer aos seus respectivos rivais, malia unha afección entregada que ateigaba as bancadas e que non deixou de animar aos equipos redondeláns. Tampouco houbo sorte en Chapela, onde equipo local caída ante o Luceros.

SAR Rodavigo 33-34 Fuentes Carrionas
Perdía pola mínima o equipo de Vero Posada nun encontro que lles podía dar a salvación matemática. Partido moi igualado que chegaba ao descanso cun 19-19. Na segunda metade a SAR chegou a poñerse en cabeza, pero o equipo visitante reaccionou e chegou ao tramo final logrando unha importante vitoria que os afasta do descenso. A SAR Rodavigo mantense na sétima posición e na vindeira semana xogan nas Illas, desprázanse ao campo de Santa Cruz, cuartas do grupo.

Primeira nacional
SAR Plastic Omnium 22-25 Magope- Seis do Nadal
Derrota difícil de dixerir para a SAR Plastic Omnium, que cae dúas posicións logo de perder o intenso partido vivido na Bomboneira ante o Seis do Nadal. Cunha bancada entregada a SAR tivo oportunidades de facerse co partido pero o porteiro rival foi quen de parar o imparable e evitar que os tantos subiran ao marcador.
Na vindeira semana xogan no campo do Luceros.

Balonmán Chapela 25-31 Luceros
Tampouco o Chapela logrou a vitoria nun partido disputado no pavillón municipal Manuel González Soto. Caeron derrotados por 25-31 ante o Luceros. Na vinderia semana repiten na casa. Reciben ao líder da categoría, o Poio Artai.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará