Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela FS convida á veciñanza ao IV Torneo Vila de Redondela

29512900_1752436191466460_7067767468343957008_n

Imaxe da I edición do Torneo Vila de Redondela

A competición terá lugar no Pavillón A Marisma os días  25, 26 e 27 de marzo e participan as categorías Benxamín, Alevín e Infantil dos clubs da contorna.

 Unha cita que naceu en 2018 e que sufriu un parón durante a pandemia. Recuperouse o ano pasado e confían en acadar o mesmo éxito que nas anteriores edicións. A intención é fomentar e difundir a práctica do fútbol sala na festividade de Semana Santa e así cubrir o oco xerado polas competicións oficiais nesta época. A presidenta do club, Yoli, anima a veciñanza a achegarse as instalacións onde se desenvolverán as xornadas dividindo os días por categoría de menor a maior idade. O luns 25 comezan os benxamíns, continúan o martes os alevíns e rematan o torneo os infantís. Participan clubs como A Paz, o Beade, o Troula de Betanzos, o Campito Chapela, o Arealonga FS,  A Quinta de Tui,  Bembrive FS e a Cademia Futsal de Ourense.

Todos os deportistas levarán o seu diploma e haberá unha entrega de trofeos, como forma de recoñecer o seu esforzo e para lembrar a experiencia que se vivirá no Pavillón A Marisma. Desde o club agradecen a colaboración e dispoñibilidade de todos os equipos para asistir ao torneo e esperan que se poida reflectir no terreo de xogo o gran facer de cada un deles.

O club local conta nestes momentos con xogadores destacados en categorías base como son Martín, Luki e Mateo do Infantil que representarán a Redondela na Selección Galega Sub10 e Martín Conde na Selección Galega Sub14. O equipo Infantil de Liga Local descansou a ultima xornada, xa que este fin de semana comenzarán a Copa Federación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará