Carlos Lage, Verónica Blanco e Clara Lage parten este sábado 23 ao norte de África con destino principal os desertos de Merzouga e Zagora, o poboado de Mhamid, unha das zona máis afectadas polo terremoto do pasado mes de setembro. Xunto con outros 60 vehículos participan nun Rally solidario no que repartiran alimentos, mantas, roupa de abrigo, produtos de hixiene e material escolar entre os poboados.
A decisión de participar nesta iniciativa xurde hai xa un par de anos cando se unen dous desexos: o do pai que quería facer un Dakar e a filla que desexaba partipar nunha iniciativa solidaria. A resposta chegou cando atoparon este “rallie solidario” e logo da experiencia tan positiva do ano pasado deciden repetir.
Este sábado sairán en dirección ao norte de Portugal e durante sete días percorrerán diferentes poboacións xunto co resto dos participantes desta iniciativa que organiza unha asociación andaluza sen ánimo de lucro chamada Rally Solidario. Levan alimentos non perecedeiros, roupa e calzado, medicamentos e material escolar que entregarán nas diferentes localidades nas que fan parada.
Verónica Blanco fai ademais un agradecemento a todas esas entidades, comercios locais, compañeiros da súa filla no colexio Santiago Apostol e o propio concello de Soutomaior que lles permitirá entregar moi material nesa poboación do norte de Marrocos. Na zona máis afectada polo terremoto entregarán sobre todo mantas e roupa de abrigo, con todo Verónica pon o acento tamén na ilusión que material escolar esperta entre os máis cativos.
Logo de semanas de traballo para a preparación do vehículo e a selección do material parten xa no que é “unha experiencia que supón toda unha aprendizaxe para os tres, pero sobre todo para a nosa filla que ve como te pode cambiar a vida de nacer nun sitio ou noutro e tamén que non é necesario ter tanto a nivel material para seren felices”.