Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol no último minuto salva o partido do CD Choco contra o Ribadumia

70884c9a-c44c-4208-8c55-1bdc4f1b8110

Unha fin de semana futboleira en Redondela e contorna con partidos disputados na casa que deixan unha vitoria axustada ao CD Choco; dúas derrotas,  por un lado a do CD Arcade e por outro a do CD Soutomaior; e un empate do CD Cesantes.

PREFERENTE

CD Choco – Ribadumia (4-3)

O CD Chocovence na casa contra o Ribadumia cun resultado de 4 fronte a 3. O partido correspondente á vixésimo sétima xornada da Preferente Galega Grupo Sur, disputouse no Campo Municipal de Santa Mariña.O equipo local tomou a iniciativa dende o comezo do encontro. O control do balón materializouse na primeira parte en 3 goles.

 Nun saque de esquina, Seydou conseguiu marcar o primeiro gol no minuto 6. Covelo, dende o lateral,  foi o segundo en aumentar a vantaxe dos choqueiros, moi superiores ao Ribadumia e 4  minutos antes de chegar ao descanso, tras unha polémica xogada na que os visitantes reclamaban fóra de xogo, Berni poñía o 3-0 no marcador.

Porén, o que se apreciaba como unha plácida segunda parte para o Choco coa vantaxe adquirida, non foi tal.  No minuto 48, un gran tanto do rival dende fóra da área recortaba distancias. Os nervios comezaron a controlar os xogadores do Choco. Un balón largo con perigo acabou en penalti para o Ribadumia, que aproveitou a súa oportunidade para igualar o marcador cun empate a 3. Nos trinta minutos posteriores calquera podía facerse coa vitoria. Cando parecía que o encontro estaba abocado ao empate, xa no desconto, apareceu unha vez máis Adri para asegurar á vitoria e deixar os tres puntos en Redondela. Na próxima xornada o C.D. Choco desprazarase ata A Lomba para enfrontarse ao Cultural Areas.

PRIMEIRA GALICIA

CD Arcade – Tyde CF (1-2)

O CD Arcade tamén xogou na casa, pero non tivo tanta sorte.  Perdía ante o Tyde cun resultado de 1 fronte a 2. O gol do Arcade marcouno Lucas Rodríguez e , despois do descanso de Semana Santa, na seguinte xornada visitan ao UDC Vilaboa.  O rival sitúase de segundo pola cola e é unha boa oportunidade para sumar puntos na recta final da tempada.

SEGUNDA GALICIA

Cd Soutomaior – Xuv. Sanxenxo (1-3)

En segunda Galicia, o CD Soutomaior recibía ao Sanxenxo, rival directo ,ante o que perdeu cun resultado de 1 fronte a 3. Despois desta derrota continúan de cuartos, nos postos de ascenso. Na próxima xornada, o 7 de abril, visitan ao Marín.

Figueirido CF – CD Cesantes (1-1)

Na mesma liga, o Cesantessegue de pechacancelas do grupo con 12 puntos despois de empatar ante o Figueirido, cun gol de Kevin Seoane. O próximo domingo 7 de abril reciben ao SD Romay, décimo cuartos e moi necesitado de puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará