Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen pediatras no centro de saúde de Chapela

centro saúde chapela

Pais e nais da parroquia de Chapela denuncian que dende o luns da pasada semana non contan con servizo de pediatría no Centro de saúde. No mellor dos casos esta atención reanudarase o luns día 1 de abril, o que supón que durante 15 días o centro sanitario non contou cun profesional para atender aos máis cativos.

A situación fixo que todos os pais que estes días chamaban ao centro de saúde para solicitar atención médica para os seus fillos e fillas foran derivados ao Alvaro Cunqueiro “tendo que pasar horas e colapsando un servizo hospitalario cunha atención que podería quedar resolta en cuestións de minutos no caso de que o Sergas tivera substituído ao pediatra” aseguran os afectados.

Unha atención que se viu mermada neste caso no centro de saúde de Chapela pero que días atrás afectaba de cheo tamén ao centro de saúde de Redondela onde os tres facultativos que atendían en horario de tarde non estaban dispoñibles por diferentes motivos sen que o Sergas procedese nun principio a súa substitución.

Peor están as cousas en Soutomaior onde o seu centro de saúde suma máis de 500 días sen pediatra, é dicir, case ano medio dende que en novembro de 2022 a facultativa que ocupaba o posto de pediatría tivese que pedir unha baixa sen que dende o Sergas se procedese a súa substitución o que supón que case 1.000 nenos e nenas quedaran sen atención pediátrica. Isto tradúcese en períodos de agarda de varias semanas, obrigando a moitos pais e nais a levar aos seus fillos a Pontevedra para que poidan ser atendidos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará