Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Xusta pero excesiva derrota” do Pazos na súa visita ao ED Vigo2015

437521790_1105491483953415_5189566160518799048_n

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL

ED Vigo 2015 – SD Pazos de Borbén FS (9-4)

Quedan tres xornadas para rematar a liga e o SD Pazos de Borbén FS sitúanse nunha cómoda novena posición. Os de Matilla perderon na súa visita ao ED Vigo2015 e mantéñense na novena posición con 36 puntos.  Dende a directiva describen este resultado como “xusto pero excesivo”, nun partido no que “unha preocupante falta de definición e a pouca contundencia defensiva os condenaron a non poder sumar “. Agora tócalles seguir traballando para afrontar os tres partidos que quedan de liga. Os goleadores foron Simón , Martin , Luis e Joni .

Este derbi comarcal foi interesante aos ser os dous equipos rivais directos. O Pazos “desexa moita sorte ao Vigo 2015 na súa pelexa por entrar en play off”. O seu obxectivo de seguir un ano máis en categoría nacional está moi preto. A seguinte xornada reciben ao Carballiño F.S. ,  sétimos do grupo.

PREFERENTE

Cesures FS – Redondel FS Rodavigo (3-8)

Vitoria ampla do Redondela FS na súa visita ao Cesures. Desta forma escalan un posto e sitúanse na sétima posición con 35 puntos e empatados co CD Beade. O próximo domingo visitan ao Leis Pontevedra FS “B”.

Escola Futsal Morrazo – Campito Chapela F.S. (3-4)

Vitoria do Campito chapela ante o seu rival directo na táboa. Venceron na súa visita ao Escola Futsal Morrazo cun resultado de 2 fronte a 4 , agora ambos equipos sitúanse a só un punto de diferenza. A pesar desta vitoria, O Campito mantense de segundos pola cola na recta final da liga. O próximo domingo reciben ao FS As Neves, rival forte situado en cuarta posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará