O Campionato Galego de Bateis disputouse esta fin de semana na Pobra do Caramiñal organizado pola Federación Galega de Remo e o Club de Remo Puebla. O CR de Chapela conseguiu acadar 5 medallas e unha bandeira. Destaca o ouro e a bandeira que levaron a casa as remeiras do absoluto e a prata alzancada polo abbsoluto masculino que quedou a 10 segundos de ser campións da súa categoría.
Ademais, levaron a prata na categoría xuvenil masculina o broce na categoría Sub 23 feminina e tamén na cadete masculina. Cabe destacar o quinto posto das xuvenís que melloran cada día e pisan con forza.
O CR de Chapela acumula esta temapda 5 bandeiras do campionato territorial e 4 bandeiras na Liga Galega de Bateis. A liga galega culminarán co Campionato de España de Bateis, os días 27 e 28 de abril con sede na Pobra do Caramiñal, con motivo do 45 aniversario do club anfitrión CR de Puebla. De Chapela participan 4 embarcacións: sénior masculino, xuvenil masculino, Sub23 feminino e cadete masculi.
Resultado Sénior Femenina
- Chapela: 9:52
- Mecos: 10:10
- Cabo da Cruz: 10:11
- Mugardos: 10:18, 5
- Puebla: 10:23
Resultado Sénior Masculino
- Cabo da Cruz: 8:49
- Chapela: 8:50
- Vilaxoan: 8:53.16
- Tiran: 8:53.53
- Ares: 9:04