O equipo do Círculo cultural de Chapela integrado por Adrián Davila, Javier Pérez, José Manuel Castro e Rogelio Forte disputan este sábado unha importante xornada na que finalizan a primeira fase da Copa Galicia de Clubs de Billar 3 bandas. As partidas desenvolveranse en horario de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre.
O equipo Chapela-Rodavigo chega con posibilidades de clasificarse para o Play Off final, para o cal ten que gañar ao Club Billar A Carambola da localidade luguesa de Chantada e confiar tamén en que o resultado dos outros clubs implicados os favoreza.
Dende o Círculo animan aos interesados a achegarse ao local situado na avenida de Vigo 218 para acompañar e animar aos xogadores.
Campionato provincial
Pro outra banda, o Círculo cultural está a traballar xa no campionato provincial de billar 3 bandas que se desenvolverá entre o 3 e o 11 de maio na súa sede e no que se darán cita un total de 31 xogadores de toda a provincia de Pontevedra.