Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito Chapela afástase da zona de descenso con dúas vitorias consecutivas

438145923_122142835310105837_2834998665929683499_n

En Preferente o Campito Chapela suma 22 puntos e empata na táboa xeral contra o Cesures FS, polo que ten dúas xornadas para afianzar a permanencia. Pola súa banda, o Redondela FS vence na súa visita ao Leis Pontevedra e afianza a permanencia en sétima posición.

En Terceira División Nacional o Pazos non tivo tanta sorte contra o Carballiño, sen embargo mantense nunha cómoda novena posición.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL

SD Pazos de Borbén FS –  Carballiño F.S.( 4-8)

Quedan dúas xornadas para rematar a liga e o SD Pazos de Borbén FS mantense nunha cómoda novena posición. Os de Matilla perderon contra o Carballiño e non conseguiron sumar puntos polo que se sitúan na novena posición con 36 puntos.  O rival, pola contra suma e sube ao quinto posto da categoría.

Un pésimo arranque de encontro lastrou aos de Matilla , que na Segunda parte intentaron a remontada pero topáronse cun inspirado porteiro Ourensán que negou o gol unha e outra vez aos vermellos. Os goleadores do Pazos foron Pablo , Xandre , Sergio e Diego .

A próxima xornada visitan o Cidade De As Burgas F.S., pechacancelas do grupo.

PREFERENTE

Leis Pontevedra FS “B” – Redondel FS Rodavigo   (2-4)

Vitoria do Redondela FS contra o Leis Pontevedra FS. Desta forma suman 3 puntos e afianzan a sétima posición, moi preto do A.D.I. Vianariño F.S. e empatados co CD Beade. O próximo domingo reciben ao Galefen Marín Futsal, segundos do grupo e a moita distancia dos de Rodríguez.

Campito Chapela F.S. – FS As Neves (8-4).

O Campito Chapela afástase da zona de descenso con dúas vitorias consecutivas. A semana pasada vencía ao seu rival directo na táboa, Escola Futsal Morrazo, e coa moral alta conseguiron gañar de forma ampla aos cuartos da categoría, FS AS neves.  A próxima xornada teñen marcado no calendario a visita ao Verín Cigarrón F.S., pendente de confirmar pola retirada do equipo da competición. Con 22 puntos e empatados contra o Cesures FS, o Campito ten dúas xornadas para afianzar a permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará