Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campus de Verán do CAR programa visitas semanais á pista de atletismo de Pontevedra

WhatsApp Image 2024-06-06 at 09.06.45

O Club de Atletismo de Redondela abre o prazo de inscrición para o Campus de Verán ata o 23 de xuño. Terá lugar todo o mes de xullo con visitas á Praia de Cesantes e ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra que conta cunha pista regulamentaria de atletismo para as persoas interesadas en probar ou ter unha experiencia o máis próxima posible ao deporte a nivel profesional.

O calendario do campus inclúe todos os luns, mércores e xoves de xullo en horario de mañá. Divídese en dous grupos segundo as idades dos participantes, comprendidas entre os 7 e os 17, con distintos horarios. Os máis pequenos, ata os 14 anos, comezan ás 10:00h e rematan ás 11:30 horas; mentres que os maiores, a partir dos 15 anos, incorpóranse mais tarde e comezan ás 11:20 horas para rematar á 13:00 horas. Os días de moito calor pódese empezar 30 minutos antes, sempre coordinado polo club. 

O prezo é de 27 euros para os membros do CAR e de 40 euros para o resto de interesados. Para máis información e reservas está a disposición o enderezo de correo electrónico car.redondela@gmail.com ou o teléfono 676 87 82 61.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará