Esta popular competición, organizada polo Club Redondela FS en colaboración co Concello de Redondela, celebra a súa 45 edición do 1 ao 20 de xullo nas categorías sénior e cadete mixto. O prazo para participar está aberto ata o 23 deste mes e este ano como novidade a inscrición modernízase poñéndoa disposición un QR nas súas redes sociais e no cartel do evento para que a xente poida acceder de forma sinxela.
Como en calquera competición hai uns requisitos a seguir para poder participar. No caso da categoría sénior o prezo de inscrición é de 100 euros por agrupación e 20 euros por xogador. Neste rango de idade os premios son de 300 euros polo primeiro posto e de 150 polo segundo, ambos con trofeo para o recordo.
Na categoría de cadete mixto, aqueles nados entre 2008 e 2009, terán que pagar soamente os 20 euros por xogador e cubrir o seguro medico obrigatorio. Neste caso non hai premio monetario, pero si haberá entrega de trofeos para o primeiro, segundo posto e terceiro posto.
En ambas categorías é obrigatorio aboar o seguro médico e precísanse un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 15 para conformar equipa. Para máis información esta a disposición os números de teléfono 636 71 41 60 ou 600 98 84 91 e o enderezo de correo electrónico redondelafs@gmail.com.