Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela proxecta o seu primeiro ascensor urbano para salvar a costa da Subida a Estación

ascensor

O goberno local anuncia que o proxecto presentado polo Concello ao Plan Extra da Deputación contempla un orzamento de 877.000 euros e inclúe un auditorio ao aire libre, un ascensor e unha renovada praza na contorna do edificio de Don Pancho. O obxectivo é crear unha nova zona de lecer que  transformará un espazo de case 2.300 metros cadrados e mellorará a mobilidade dos veciños de veciñas.

Un ascensor de aceiro, vidro e aluminio é a aposta do goberno local para salvar o gran desnivel da zona e mellorar a mobilidade. O elevador unirá verticalmente a avenida Ernestina Otero coa rúa Subida á Estación. Un ascensor que dará servizo principalmente aos residentes e usuarios do centro de día, a escola infantil e o centro de fisioterapia que dende hai anos veñen demandando unha solución aos problemas de mobilidade que padecen debido a que se  trata dunha pendente moi elevada. Neste sentido a alcaldesa Digna Riva salientou que “agora é moi complicado acceder a pé a esta zona desde o centro da vila, unha dificultada aínda maior para persoas con mobilidade reducida e que se verá resolta coa instalación deste ascensor”.

O proxecto foi presentado polo Concello de Redondela ao Plan Extra da Deputación enmarcado dentro dunha actuación maior que busca transformar un espazo de case 2.300 metros cadrados no centro da vila, que agora se limita a unha zona de paso no que se contempla a remodelación integral da contorna da “praza da Petanca”.

A actuación contempla a creación dun auditorio ao aire libre na parte traseira do edificio de pedra, unha nova praza pública na parte dianteira así como a instalación do ascensor.

Praza pública renovada

Na zona da praza consérvase a árbore existente e tamén a pérgola cunha parra. O proxecto contempla a instalación de novos pavimentos e vexetación, tanto na parte dianteira como no lateral do edificio de Don Pancho. A praza servirá de antesala a o novo Viveiro de Empresas que xa ten e marcha Zona Franca. Haberá distintas zonas verdes e unha bancada forrada en madeira. Tamén se engadirán módulos para aparcar bicicletas, papeleiras e nova iluminación. Substituiranse as luminarias existentes por un novas tipo LED de maior eficiencia enerxética, de baixo consumo e gran duración.

Auditorio ao aire libre

Na parte posterior da parcela prevese a construción dunha bancada aproveitando a pendente natural do terreo. Crearanse terrazas para transformar a zona nun auditorio ao aire libre para eventos e actividades promovidas polo Concello. Actualmente o espazo xa se utiliza como escenario para actuacións do Festival Internacional de Títeres. A bancada será de formigón forrada en madeira e materase a vexetación incluíndo novos arbustos e árbores.

A alcaldesa explica que o obxectivo principal desta actuación é “revitalizar un espazo que actualmente se limita a unha zona de paso para crear unha nova área de esparexemento e convivencia no centro da vila que será un referente urbano”. O estudo Naos Arquitectura, encargado de redactar o proxecto, explica que o propósito é “outorgar coherencia e uniformidade a toda a praza e ao espazo situado fronte ao edificio existente”. A superficie total da actuación é de 2.296 m², cun presuposto de 877.438 euros.

Rivas aclara que se optou por esta proposta para enviar á Deputación de Pontevedra “porque cumpre cos criterios que demanda o ente provincial”. Rivas advirte que se esixen uns requisitos “moi estritos” para poder optar ao Plan Extra “e non vale calquera proxecto”. Por outra banda, esta era a mellor opción “debido ao escaso prazo que deu a Deputación para presentar actuacións, de tan só 20 días”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará