Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro de Estudos Locais premia a imaxe “Flotando na néboa” de Pablo Carrera

RR_Noticias

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy entrega este sábado os seus premios de fotografía nun acto que terá lugar no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes e que arrancará ás 19:00 horas cunha charla coloquio na que se falará do oficio da cestería. Unha actividade enmarcada dentro do ciclo dedicado aos oficios perdidos. As fotos presentadas ao concurso fotográfico poderanse ver nunha exposición no Círculo que permanecerá aberta durante todo o mes de decembro.

Unha imaxe da Illa de San Simón practicamente invisible por mor da néboa cunha barca en primeiro plano realizada por Pablo Carrera Veiga foi, ao entender do xurado, a mellor das imaxes presentadas ao XI concurso fotográfico convocado polo Obradoiro de estudos locais. Un certame que recoñece tamén na categoría de adultos  as fotografías de Angel López González e Kike Martínez mentres que na categoría xuvenil fixéronse cos premios Pablo Tizón e Rubén González. Uns premios que se entregarán este sábado no transcurso dun acto que se desenvolverá no círculo cultural de Cesantes e que arrancará cunha nova actividade enmarcada dentro do ciclo dos Oficios perdidos.
Consistirá nunha charla-coloquio para dar a coñecer o oficio de cesteiro amosándose como se facía unha nasa de anguía con vimbios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará