Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnos do IES Chapela danlle voz ás vítimas da violencia de xénero

RR_Noticias

Mozos e mozas do Instituto de Chapela foron protagonistas no acto institucional celebrado na mañá de hoxe na praza do Concello co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha violencia que se exerce contra as mulleres polo feito de seren mulleres e que acontece en Birmania, India, Pakistán, China, República Dominicana… pero tamén preto de nós polo que animan ás vítimas a denunciar e instan a sociedade a implicarse na resolución dun problema que no que vai de ano deixa xa 40 mulleres asasinadas.

Redondela, como o restos dos concellos de toda Galicia, claman hoxe contra a violencia de xénero. No noso concello o departamento de Igualdade organizou un acto institucional que se desenvolvía ás doce do mediodía ás portas da casa consistorial e onde cobraron protagonismo os alumnos do Instituto de Chapela encargados de ler un manifesto no que fixeron un percorrido por diferentes formas de violencia que ao longo de todo o planeta as mulleres sofren polo feito de seren mulleres. Un programa de actividades que se completa con diferentes proxeccións cinematográficas, tamén no venres ás 18:00 horas no Círculo Cultural deportivo de Cesantes coa película Tierra de Ángeles e o sábado ás 17:00 horas con La bicicleta verde na sede da asociación de veciños de San Esteban de Negros.  

Alumnado do IES Chapela
Mozos e mozas leron o manifesto institucional
Teresa París edil de Igualdade
Un chamamento a participar do acto reivindicativos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará