Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de música sacra na Igrexa de Cedeira con Vox Tremula

RR_Noticias

Vox Tremula nace en Sevilla froito do amor das súas tres integrantes pola frauta de pico. Dende a súa formación no 2012 gozan de facer música e contribuír a un maior coñecemento dos seus instrumentos en exposicións e espazos culturais. Nesta fin de semana chegan a Redondela para ofrecer un concerto enmarcado dentro do programa Pórtico Sonoro que se desenvolverá na Igrexa de Cedeira o sábado ás 20:00 horas con entrada de balde.

O obxectivo deste ciclo é divulgar a música culta achegándoa a distintas parroquias do concello, aproveitando elementos do patrimonio que pola súa acústica, tamaño e valor artístico poden acoller concertos de música sen amplificación nin medios técnicos.
Dentro do cartel programado para este ano ofrécese un abano de diferentes expresións musicais dende os coros de cámara, a música de laud medieval ou repertorio de música sacra do renacemento tardía para frauta de pico que nesta fin de semana nos achegará o concerto de Vox Tremula na Igrexa Santo André de Cedeira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará