A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela organiza o venres 12 ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela unha charla coloquio a crago do músico, estudoso, coleccionista e mestre Alejo Amoedo.
Desta vez os protagonistas do mesmo serán dous persoeiros redondeláns da primeira metade do século XX: o músico Reveriano Soutullo e mais o xornalista Diego San José. Alejo Amoedo, quen está a ultimar a súa tese de doutoramento arredor da figura de Reveriano Soutullo, será o encargado de impartir esta charla na que colaboran as bibliotecas municipais.