Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coca, o símbolo de Redondela

RR_Noticias

A nosa Coca é a máis antiga das que saen a rúa en Galicia. Este é tan só un dos datos históricos que se recollen na exposición que estes días e ata finais de agosto se pode visitar no Multiúsos da Xunqueira. Unha mostra elaborada a partir de arduas investigacións en arquivos e publicacións que xurde, segundo explica a concelleira de Cultura, Teresa París, ante a “necesidade de dar unha explicación histórica a este mito que chega dende a Idade Media”. A exposición inclúe tamén imaxes antigas e unha proxección na que se fai un percorrido por outras Cocas como a de Monçao, Valencia, Bélxica ou Salisbury.

Unha exposición que se pode visitar no Multiúsos da Xunqueira ata finais de agosto e na que se fai un percorrido pola historia deste “monstro” que pola súa singularidade converteuse en símbolo da vila pasando de ser unha representación do mal a unha foto obrigada para todo os nenos que se soben ao seu lombo durante as festas. O seu uso para o marqueting publicitario  fixo que  súa imaxe se espallase máis aló das nosas fronteiras converténdose en moitos casos en souvenir para os redondeláns emigrados. Así o explica o director de arte e documentación, Telmo Crespo Tojeiro, quen sintetiza nesta exposición o traballo de investigación de case un ano mergullándose no arquivo Casto Sampedro e recuperando imaxes  tan salientable como as primeiras que se conservan da Coca publicadas en “Galicia Moderna” no ano 1897. Unha imaxe do Demo que non deixou de estar presente en Redondela nin tan sequera cando a Igrexa prohibiu este elemento no século XVIII noutras moitas localidades por entender que desviaba a atención dos fieis durante a celebración do Corpus. Ao longo do século XX a figura vai perdendo a simboloxía do mal e adquire o carácter identitario do pobo. Na mostra faise un percorrido por todas aquelas representacións e cambios que a Coca foi experimentando ao longo dos anos. Así, como curiosidade Telmo Crespo lembra que antano “formaba parte dunha escenificación que se facía no Campo das Monxas, frontes ao Convento de Vilavella.  Alí aparecía un home pertencente ao gremio dos carniceiros que, vestido de cabaleiro e montado a cabalo, daba vida a San Xurxo. Berrando cunha espada na man,arremetía contra o monstro en nome do ben. Unha vez vencida, a Coca acababa perdéndose entre o xentío que a aldraxaba e a golpeaba”. No século XX coa desaparición dos gremios é o concello o que toma parte da Coca ata chegar aos nosos días. A lenda en torno a Coca sería tamén unha invención xa do século XX.  

Telmo Crespo director de arte e documentación
Unha exposición na que se fai un percorrido didáctico pola Coca
Librouse da prohibición
Un dragón que foi prohibido noutras localidades pola Igrexa por distraer aos fieis
Publicidade empresarial
A Coca foi usada por emrpesas para as súas campañas de marqueting
Proxección audiovisual
Fotos documentos e imaxes para coñecer outras "Cocas"·
A lenda da Coca
Unha invención do século XX
Teresa París edil de Cultura
Unha explicacións histórica ao mito da Coca

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará