A campaña que se desenvolverá entre o 16 e o 30 de xuño permitirá a todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade nese período participar en sorteos de tarxetas prepago de 500, 300 ou 150 euros para mercar novamente no comercio galego. A Asociación de Empresarios de Redondela distribúe na localidade esta campaña tanto no Centro Comercial Aberto de Redondela como no comercio de Chapela.
Para participar a clientela deberá conservar os tickets das compras que realice entre o 16 e o 30 de xuño e rexistralos na web da campaña www.diasazuis.com, tamén pode solicitar ao seu comerciante que o rexistre e terá dobre oportunidade de gañar.
Abanca e a Asociación de Empresarios traballan xa nun novo convenio de colaboración co obxectivo de dar un novo impulso ao sector empresarial na localidade e axudar a posta en marcha proxectos e investimentos a través de novas e vantaxosas liñas de financiamento. Así mesmo, Abanca apoian a posta en marcha da campaña Días Azuis na localidade con diverso material promocional que se distribuirá entre os establecementos asociados.