Os feitos tiveron lugar ao redor das cinco da madrugada na praia de Chapela durante as celebracións do San Xoán. Todo apunta a que non existía relación entre vítima e agresor e que o xa detido, un home de 43 anos residente en Vigo tería disparado logo de que o falecido lle recriminara a súa actitude incívica por ter orinado dende a baranda do paseo marítimo cara o areal.
O mozo falecido Daniel B.P., nacido en Redondela e veciño de Vigo, tiña 25 anos de idade e tería recibido o disparo mortal ao redor das 5:30 horas da madrugada. Os feitos desancadeáronse cando o agresor, José Luis L. P. de 43 estaba orinando dende a baranda do areal e a vítima xunto cun amigo achegáronse a el para recriminarlle a súa actitude. O agresor, veciño da Riouxa, sacou a súa arma e disparou, alcanzando cunha das balas o peito do falecido mentres que o seu amigo logrou fuxir.Pouco despois o agresor, a quen lle constan numerosos antecedentes, era detido e trasladado a dependencias policiais. O xulgado de garda de Redondela é o encargado das dilixencias.