O Multiusos de Arcade acolle esta noite ás 21:30 horas a primeira edición da gala do deporte do Concello de Soutomaior, organizado polo Concello co obxectivo de homenaxear aos deportistas, clubs e persoas que destacaron pola súa traxectoria deportiva. Así mesmo tamén se recoñecerán os méritos dos deportistas empadroados no Concello que practican modalidades deportivas distintas aos clubs locais.
Un total de 23 persoas con carácter individual, 16 clubs e 3 lendas do deporte do Concello de Soutomaior serán homenaxeados nunha gala que terá unha duración duns 90 minutos e que será conducida polo xornalista da TVG, Terio Carreira e onde existirá moito humor e sorpresas e coa actuación dun dos grupos de moda musicais do momento, Terapia de Grupo.
Coa celebración desta gala o concello que preside Agustín Reguera, busca instaurar un acto que teña o seu periocidade anual e que sirva para homenaxear a todas esas persoas vinculadas ao mundo do deporte como practicantes, directivos e clubs.
Nesta primeira edición desde a concellaría de deportes quérese recoñecer o importante tramado deportivo dos clubs do Concello das modalidades de Tiro, Motociclismo, Caza, Artes Marciais, Ciclismo, Patinaxe, Pesca, Fútbol, Esquí Náutico, Tenis/pádel, e Baloncesto. Tamén abra un momento para o recordo e o agradecemento polo labor realizado no apartado de Lendas do deporte, neste apartado o Concello recoñecerá o labor e a dedicación de Cesáreo Orge, José Lorenzo(Pelete), Lorenzo Verde, Manuel Castelán (Cirillo), Antonio Cernadas, Conrado Lusquiños e Manuel Seoane, os catro últimos en recoñecemento do traballo realizado no CD. Arcade e CD. Soutomaior respectivamente.