A entidade entrega os seus premios anuais nunha gala que terá lugar este sábado no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Ademais de recoñecer o labor da entidade local que máis ten traballado a favor das persoas con necesidades especiais na gala haberá música e cine nun acto aberto a todos os que se queiran achegar.
A asociación de atención a persoas con necesidades especiais celebra este sábado a súa gala dos Premios Andaina, nos que recoñecen o labor da entidade local que máis traballase este ano en favor das persoas discapacitadas de Redondela. Tamén se premiará ao alumno gañador do seu certame de debuxo dedicado á diversidade funcional, e proxectarase o filme gañador da sección Andaina no Festival de Curtametraxes Redondela en Curto “Ni dos ni cuatro” de Sergi González. A gala contará ademais con sorteos, agasallos e a actuación do grupo Caramuxo Vermello, co seu “Caramushow” e estará presentada por Cristina Maró. A cita é no Multiusos da Xunqueira a partir das 20 horas.