Arealonga e Redondela non levantan cabeza e ocupan a última e penúltima praza na Autonómica Sur de fútbol sala logo de non ser quen esta fin de semana de superar aos seus rivais. Na terceira división o derbi entre o Pazos e o Campito saldábase con vitoria dos primeiros quen se impuxo cun contundente 7-2 ao equipo de Chapela.
Había derbi na terceira división entre o Pazos de Borbén e os debutantes na categoría, o Campito, equipo que nada puido facer para salvar o partido que remataba cun contundente 7-2 a favor dos de Pazos. Vitoria que lle serve a este equipo para manterse nos postos altos da táboa, son segundo e na vindeira semana xogan contra outro do fortes, o Sala Ourense. O CampitoFS, na décima praza do grupo recibe en Chapela ao Culleredo.
Nas autonómica sur os equipos locais non levantan cabeza e pechan a clasificación. Así o Redondela FS é pechacancelas do grupo logo de caer ante o Abetos por 3-4 e xogan na vindeira semana contra o terceiro, o Verinsala.
No penúltimo posto atópase o Arealonga que caía 3-6 ante o Celado. Os de Chapela xogan na vindeira semana nas Neves.